Mulleres con moito que dicir”. Sesión 1: Unha avogada que loita contra a violencia de xénero.

Lugar: Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2 Vigo)

Día e hora: Martes, 23 de xullo, ás 18.00 hTrátase dunha sesión sobre violencia de xénero, enmarcada no proxecto “Mulleres con moito que dicir”, que está a levar a cabo Asdegal neste ano 2019. A charla será impartida dende o punto de vista dunha avogada que leva casos directos sobre violencia de xénero, polo que se abordará a concienciación sobre este problema, entendido como lacra social na que todos debemos estar implicados para a súa erradicación. Falarase da definición de violencia de xénero, por qué a muller non denuncia, ciclo da violencia, recursos, axudas e estadísticas de víctimas de Vigo, así como lugar que ocupa a cidade dentro de Galicia neste tema.A sesión está organizada por Asdegal e subvencionada en parte pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. Será impartida pola avogada Annie Buquet Segarra, experta en atención a vítimas de violencia de xénero pola súa profesión.

Deja un comentario