Voluntariado senior

En Asdegal contamos cunha boa porcentaxe de voluntarios/as maiores de 55 anos, que levan tempo implicados en proxectos sociais. Algúns colaboran como coordinadores doutros voluntarios máis novos, outros atenden e acompañan directamente a menores en hospitais ou dan clases de reforzo a inmigrantes. Ademais, algúns dos voluntarios máis antigos prestan servizos de colaboración en organización de eventos solidarios e de comunicación, para acercar as actividades á xente máis nova. Estes voluntarios sénior realizan, por tanto, actividades orientadas a fomentar a cooperación interxeracional, ben realizando directamente voluntariado con persoas novas ou menores, ben coordinando a outros voluntarios máis xóvenes ou ben implicándose na organización de eventos.

A través deste voluntariado sénior, queremos recoñecer e potenciar a labor destes voluntarios máis maiores, e promover o intercambio de experiencias entre colectivos pertencentes a distintas xeracións.

  1. Obxectivos
  2. Promover o voluntariado entre as persoas maiores de 55 anos.
  3. Fomentar a implicación das persoas maiores na transformación social, favorecendo o envellecemento activo.
  4. Recoñecer o labor das persoas voluntarias maiores como pilar das actividades sociais de Asdegal.
  5. Dar visibilidade á potencialidade que ten o colectivo de persoas maiores de 55 anos no desenvolvemento comunitario.
  6. Fomentar a cooperación interxeracional entre persoas mozas e persoas maiores, como xeito de aprendizaxe mutuo.
  7. Ámbito territorial

O proxecto terá lugar en Galicia, principalmente na comarca de Vigo, onde residen a maioría dos voluntarios participantes.

Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia.