Voluntariado xuvenil

O proxecto de voluntariado xuvenil parte da iniciativa dun grupo de mozos e mozas con una gran interese no fomento da solidariedade comunitaria entre a xuventude viguesa, que teña un gran impacto na nosa sociedade a través de actividades sociais, culturais e de liderado xuvenil. O grupo naceu fai tres anos coa finalidade de organizar sesións formativas para xóvenes, debates sobre temas de actualidade, actividades de voluntariado e actividades lúdicas para a promoción da amizade.

Dende Asdegal, promovemos a iniciativa deste grupo de voluntarios, proporcionando a formación que precisen, os contactos e a coordinación necesaria para que poidan levar a cabo a súa labor solidaria. No ano 2019, o grupo comezou a realizar obradoiros de manualidades para menores ingresados no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e tamén acompañamento a persoas maiores en residencias da terceira idade. No ano 2020, comezaron a realizar actividades con persoas sen fogar e tamén sensibilización en materia de cooperación ao desenvolvemento. Neste ano 2021, comezarán a levar a cabo actividades dedicadas a limpeza e conservación do medio ambiente, principalmente coa recollida de lixo e matorral en praias e montes.

Obxectivos

Promover o voluntariado xuvenil, favorecendo a implicación da xente nova en actividades solidarias e de impacto na sociedade.

Ámbito territorial

O proxecto ten lugar na comarca de Vigo, pero preténdense realizar campañas nas redes sociais que terán unha ampla difusión e poderán chegar a calquera recuncho do planeta.

Persoas destinatarias das actividades do proxecto

Os colectivos beneficiarios das actividades poden diferenciarse en 5, dependendo do tipo de actividades realizadas:

  • Mozas de entre 16 e 25 anos que queren implicarse en actividades de voluntariado e mellora da sociedade (Actividades de formación)
  • Menores ingresados no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (Voluntariado hospitalario)
  • Persoas maiores que viven en residencias da Terceira Idade (Voluntariado de acompañamento a persoas maiores)
  • Persoas sen fogar (Almorzo solidario a persoas que viven na rúa ou en albergues)
  • Público en xeral (Campañas de sensibilización en materia de cooperación ao desenvolvemento; recollida de lixo e limpeza de matorral nos montes e praias)
  • Proxecto subvencionaao pola Xunta de Galicia

- FOLLETOS -

Haz clic en cada foto para ver el folleto en un tamaño mayor.